martes, 31 de xaneiro de 2012

COLABORAMOS COA ONG INTI

CADA FIN DE MES COLLEMOS OS CARTOS RECADADOS,  E BOTÁMOLOS NUN PETO, PARA ENVIARLLE A LUIS,O NENO AO QUE AXUDAMOS TÓDOLOS NEN@S DO CEIP DE TENORIO,A TRAVÉS DA ONG INTI.


A PROFE DOS DE CINCO ANOS, MARGA,FIXO UN MAPAMUNDI,PARA QUE SOUBERAMOS ONDE QUEDABA PERÚ.


LUIS ESCRIBIUNOS UNHA CARTA,DICINDO QUE LLE GUSTABAN MOITO OS DEBUXOS QUE LLE ENVIAMOS O CURSO PASADO, E CONTÁNDONOS COUSAS DEL.


luns, 30 de xaneiro de 2012

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

HOXE CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ CON TÓDOL@S NEN@S  DO COLE.

1º FIXEMOS UNHAS POMBAS PARA LEVAR DE RECORDO PARA A CASA




LOGO SAÍMOS A RECITAR O POEMA DA PAZ QUE APRENDEMOS,E QUE TRABALLAMOS COS NEN@S DO 3º CICLO DE E.PRIMARIA


E FIXÉMONOS UNHAS FOTOS...MIRADE QUE GUAPOS







venres, 27 de xaneiro de 2012

OS RECANTOS DA NOSA AULA

POLO MIÚDO VOS CONTAMOS  QUE ESTIVEMOS A XOGAR NO RECANTO DA COCINITA,OU DO ORDENADOR...A ISTO NOS REFERIMOS CANDO VOS DICIMOS QUE IMOS AOS "RINCÓNS"

ESTE É O RECANTO DA COCINITA ( XOGO SIMBÓLICO) :




RECANTO DO ORDENADOR (TICS) :




RECANTO DAS CONTRUCCIÓNS



RECANTO DA PLASTELINA (EXPRESIÓN PLÁSTICA E ARTÍSTICA)





RECANTO DA BIBLIOTECA



( UN DÍA Á SEMANA IMOS Á DO COLE )


RECANTO DOS PUZZLES (LÓXICA-MATEMÁTICA)










xoves, 26 de xaneiro de 2012

PARAUGAS DA PAZ

O DÍA DA PAZ IMOS REPRESENTAR UN POEMA COA AXUDA DO ALUMNADO DO 3º CICLO DE E.PRIMARIA. A NÓS TOCOUNOS ILUSTRAR UN ANACO DE POESÍA QUE FALA DUN  CEO CELESTE,UN SOL BRILLANTE,XARDÍNS CON FLORES, E PAXAROS VOANDO.ISTO É O QUE LEVAMOS FEITO :






AGORA ANDAMOS A PINTAR E PICAR FLORES E PAXAROS (POMBAS),PARA COLGAR DO PARAUGAS;O NOSO PARAUGAS DA PAZ  :D

luns, 23 de xaneiro de 2012

TRABALLANDO SOBRE A PAZ

FAI UNHA SEMANA QUE COMEZAMOS A FALAR E TRABALLAR SOBRE O QUE ERA A PAZ, POIS DENTRO DUNS DÍAS,O 30 DE XANEIRO,CELÉBRASE O DÍA MUNDIAL DA PAZ.ISTO É O QUE PENSAMOS...

BREIXO : LA PAZ ES EL PERDÓN
LAURA : JUGAR CON LOS AMIGOS
HUGO : DIVERTIRSE Y NO HACER EL TONTO
DIEGO : CANTAR JUNTOS
LORENA : ESTAR CONTENTOS
PABLO : JUGAR SIN PELEAR
ALDARA : NO SE PUEDE PELEAR Y DAR PUÑETAZOS
LUCÍA : TAMPOUCO SE PODEN DAR CABEZAZOS,PORQUE DOE,EH?

ADEMAIS DE TRABALLAR UN POEMA,REPASAMOS AS NORMAS DE CLASE, E CANTAMOS CANCIÓNS.AQUÍ VOS DEIXAMOS DOUS VIDEOS,PARA QUE REPASEMOS AS NORMAS, E CANTEMOS UN POUCO

VIDEO : NORMAS DE CLASE

VIDEO : CANCIÓN SOBRE A DIVERSIDADE

mércores, 18 de xaneiro de 2012

ASÍ SEGUIMOS A TRABALLAR NO PROXECTO DO CORPO

REMATAMOS CO SISTEMA DIXESTIVO FACENDO A PARTE CORRESPONDE DO MAPA CONCEPTUAL, E COMPLETANDO A EXPOSICIÓN QUE  IMOS FACENDO FÓRA DA AULA.





AGORA ANDAMOS A VOLTAS CO SISTEMA CIRCULATORIO.LOGO DE EXPLICAR PARA QUÉ SERVÍA, E DE BUSCAR AS VEAS (SABEMOS QUE SON AZUIS) E ARTERIAS (VERMELLAS),FIXEMOS UNHAS FICHAS PARA NON ESQUECERNOS,E TAMÉN A SILUETA DE LAURA PARA FACER AS VEAS E ARTERIAS.



martes, 17 de xaneiro de 2012

ORDENAMOS NÚMEROS

NESTE XOGO,DE APRENDER OS NÚMEROS, E A SÚA ORDE,TEMOS  NÚMEROS COLOCADOS BOCA ABAIXO, NA MESA, E MÁIS NO BANCO.CANDO SOA A MÚSICA,BAILAMOS,






 E CANDO PARA, TEMOS QUE COLLER CADA UN, UNHA CARTA,
 E VER QUE NÚMERO TEN, PARA SABER SE IMOS ANTES, OU DESPOIS.
LOGO COLOCÁMONOS POR ORDE (NON SEN DISCUTIR O NOSO)E DICIMOS QUE NÚMERO SOMOS, EN VOZ ALTA.