luns, 30 de abril de 2012

VISITA DOS NENOS DA GALIÑA AZUL

OS NENOS E NENAS DE 2-3 ANOS, QUE VAN Á GALIÑA AZUL, VISITÁRONNOS O VENRES CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO NO COLE.


ENTRE TODOS CANTÁMOSLLE A CANTIGA DO "GUSANIÑO" E LOGO AGASAIAMOS A CADA NENO CON UN. MIRADE QUE BEN LLE CANTAMOS!





LOGO OS ALUMNOS DA PROFE AURI REPRESENTÁRONLLE UN CONTO


E RECITARON UN POEMA CUN FINAL MOI ESPECIAL...



TODAS ESAS POMBIÑAS FORON TAMÉN AGASAIO PARA OS MÁIS PEQUES!


POR ÚLTIMO,ALGÚNS DOS NENOS E NENAS DE CINCO ANOS CANTÁRONLLES O CONTO QUE REPRESENTARAN OS CATIVOS DE 4º EP



sábado, 28 de abril de 2012

TAPÓNS E TAPAS SOLIDARIAS

LAURA CONTOUNOS UN DÍA QUE RECOLLÍA TAPÓNS PARA UNHA NENA QUE ESTABA ENFERMA, E  PRECISABA AXUDA.
ANA,A SÚA MAMÁ, CONFIRMOUME QUE NO SEU CENTRO DE TRABALLO SE RECOLLÍAN PARA RECICLAR, E DESTE XEITO SE RECADABAN CARTOS PARA ESTE TIPO DE AXUDAS.

LEVOU ESTA MOREA DE TAPÓNS QUE IAMOS GARDANDO PARA MANUALIDADES.
AGORA IMOS PEDIR AOS LECTORES DO BLOGUE QUE NOS GARDEDES TAPÓNS E TAPAS PARA APORTAR O NOSO GRANCIÑO DE AREA.
COMO HAI MÁIS NENOS/AS DA CLASE QUE DIN QUE TAMÉN RECOLLEN TAPÓNS,IREMOS TURNÁNDONOS PARA LEVALOS.

xoves, 26 de abril de 2012

CONTACONTOS

ESTIVEMOS NA BIBLIO DO COLE CO RESTO DE COMPAÑEIROS DE INFANTIL,E COS DO 1º CICLO DE PRIMARIA, VENDO UN CONTACONTOS.









mércores, 25 de abril de 2012

SEGUIMOS COAS ABELLAS

HOXE ADICAMOS GRAN PARTE DA MAÑÁ A APRENDER MÁIS COUSAS SOBRE AS ABELLAS.
AS PALABRAS QUE LEMOS HOXE TODAS TIÑAN QUE VER COA APICULTURA


LOGO SAÍMOS A XOGAR NO PANEL QUE PREPAROU A PROFE MARGA COS SEUS ALUMNOS : XOGOS DE ABELLAS

.
ALÍ ESCRIBIMOS A PALABRA ABELLA

XOGAMOS A BUSCAR A RAÍÑA,A OBREIRA OU O ZÁNGANO...QUE BEN SE NOS DEU!!

SINALAMOS AS PARTES DA ABELLA,BUSCAMOS OS OVOS,AS LARVAS,FIXÁMONOS EN QUE AS CELDILLAS TIÑAN FORMA DE HEXÁGONO,CONTAMOS CANTOS PAUCIÑOS NOS FACÍAN FALTA...UNHA CHEA DE COUSAS,VERDADE?



LOGO FOMOS Á BIBLIOTECA A ESCOITAR UNHA CHARLA SOBRE ABELLAS,E PUIDEMOS VER UNHA COLMEA DE VERDADE,AS FERRAMENTAS PARA PODER TRABALLAR CON ELA,AS PARTES DAS QUE CONSTABA...MIL GRAZAS MANOLO,POR EXPLICARNOS DE XEITO TAN AMENO O TRABALLO QUE FAN AS ABELLAS





luns, 23 de abril de 2012

DEBUXAMOS ABELLAS

O OUTRO DÍA FIXEMOS DEBUXOS DE ABELLAS A PARTIR DUN CONTO.AQUÍ ESTAMOS DÁNDOLLE COR...PERO QUE BEN DEBUXAMOS !!




venres, 20 de abril de 2012

ASÍ XESTICULAMOS

NAS SESIÓNS DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE FACEMOS XOGOS COA BOCA(LINGUA,PADAL,DENTES E BEIZOS) PARA AXUDARNOS A MELLORAR A NOSA VOCALIZACIÓN. AQUÍ NOS PODEDES VER PRACTICANDO...MIRADE,MIRADE QUE COUSAS NOS MANDA FACER A PROFE MONTSE !

xoves, 19 de abril de 2012

CONTO: A ABELLA NA ORELLA DA OVELLA

O LUNS,30 DE ABRIL,VISITAREMOS "APIPOLIS" ,POLO QUE, AO LONGO DESTES DÍAS, TRABALLAREMOS COUSAS SOBRE AS ABELLAS :COMO SE CHAMA A SÚA CASA,QUE FAN,TIPOS DE ABELLAS,ETC.
A PROFE,PARA INTRODUCIR O TEMA,CONTOUNOS ESTE CONTO


DESPOIS FIXEMOS UN DEBUXO DAS ABELLAS .ASÍ DE CONCENTRADOS TRABALLAMOS

O RESULTADO XA VOLO AMOSAREMOS,XA QUE NOS FALTA DARLLE COR  :)

mércores, 18 de abril de 2012

ROMBO

ESTAMOS A TRABALLAR A FIGURA XEOMÉMTRICA DO ROMBO.
LAURA,QUE ERA A ENCARGADA,REPARTIUNOS UNS TRIÁNGULOS,E A PROFE DIXO QUE OS MIRARAMOS BEN PORQUE CUN POUCO DE MAXIA SE ÍAN A CONVERTER EN ROMBOS






SÍÍÍÍ,DESCUBRIMOS QUE SE XUNTABAMOS DOUS TRIÁNGULOS FORMABAMOS UN ROMBO






LOGO FIXEMOS UN ROMBO CO NOSO CORPO...MIRADE COMO NOS RIMOS!!


POR ÚLTIMO,TENTAMOS FACER NA PIZARRA ROMBOS,ISTO É O QUE CONSEGUIMOS  :)



martes, 17 de abril de 2012

RELIXIÓN

O OUTRO DÍA AMOSÁMOSVOS ALGO DO QUE OS NENOS DE ATENCIÓN EDUCATIVA FAN CON MONTSE.
HOXE TOCA QUE VEXADES O QUE O RESTO DA CLASE FACEMOS COA PROFE PATRICIA.
MIRADE QUE CONCENTRADOS ESTAMOS A FACER A FICHA,E TAMÉN QUE BEN O PASAMOS!!




luns, 16 de abril de 2012

BONSAIS E PLANTACIÓN

FOMOS VER SE OS NOSOS BONSAIS PRECISABAN AUGA,PERO COMO ESTIVO A CHOVER ESTES DÍAS,AÍNDA TIÑAN A TERRA HÚMIDA.
O NOSO CEREIXO DE FLOR ESTÁ ENOOOORME,MIRADE CANTAS FOLLAS E FLORES TEN!!




OS NENOS MAIORES ANDIVERON A PLANTAR LEITUGAS,CENORIAS,CABACIÑAS,FRESAS,COLES,TOMATES,FABAS... APROVEITAMOS QUE AS TEÑEN NO MESMO PATIO DOS BONSAIS PARA OBSERVAR COMO ERA CADA UNHA DAS PLANTAS




sábado, 14 de abril de 2012

ESCENAS CURTAMETRAXE

AOS POUCOS IMOS PREPARANDO AS ESCENAS PARA A CURTAMETRAXE DE ANIMACIÓN .DESTA VOLTA CONTAMOS COA AXUDA DA PROFE PURI.MOITAS GRAZAS POLA TÚA ADICACIÓN  :)










LOGO COLOCAMOS O FEITO SOBRE DIFERENTES CARTULINAS,E MIRADE QUE ESCENAS MÁIS CHULIS NOS ESTÁN QUEDANDO !