xoves, 29 de novembro de 2012

IGUALDADE

O CICLO DE INFANTIL ESTAMOS A TRABALLAR O TEMA DA IGUALDADE E O RESPETO DAS DIFERENZAS INDIVIDUAIS, A PARTIRES DO LIBRO  "ESTÁ BIEN SER DIFERENTE"
NÓS COMEZAMOS CUNHA LÁMINA CHAMADA "ESTÁ BIEN LLEVAR GAFAS" ,E PARA A SÚA ELABORACIÓN BOTAMOS MAN DE...
UNHA PRANCHA DE CELULOSA QUE COLOREAMOS DE COR AZUL ESCURO
PAPEL PINOCHO  ROSA QUE RECORTAMOS, COA AXUDA DA PROFE, EN FORMA DE CARA
MOREAS E MOREAS DE CHURROS DE PLASTELINA PARA FACERLLE O CABELO

TAMÉN NOS SERVIU A "PLASTI" PARA FACER OLLOS E BOCA.O NARIZ É UN ENVASE DE PETIT.


POR ÚLTIMO COLOCAMOS UNHA CAMISETA, E AS GAFAS ( FEITAS CO PAPEL DE ALUMINIO DOS BOCADILLOS)
















AGORA XA FORMA PARTE DO MURAL "ESTÁ BIEN SER DIFERENTE"

POSTAIS DE NADAL

ESTAS SON AS POSTAIS DE NADAL QUE FIXEMOS COA PROFE PURI,E COAS QUE PARTICIPAREMOS NO CERTAME ORGANIZADO POLO CONCELLO.
SOBRE UN FONDO DE ACUARELA,TRABALLAMOS CON ROTULADORES,BOLIS DE PURPURINA E PLASTELINA.

mércores, 28 de novembro de 2012

XOGO: CREBACABEZAS DAS CCAA


PROXECTO: ESTE-OESTE

COMA SEMPRE,TRABALLAMOS PRIMEIRO SOBRE O MAPA.O PUNTO DE REFERENCIA FOI MADRID,QUE ESTÁ NO CENTRO,E SERVIUNOS PARA TRAZAR A DIVISIÓN.TODO O QUE QUEDABA Á SÚA DEREITA ERA ESTE,E TODO O QUE ESTABA Á ESQUERDA,OESTE.
NA FICHA TIVEMOS QUE PÓR BOLIÑAS DE PAPEL DE SEDA NO OESTE


E VIRUTA DE CERA NO ESTE


ESCRIBIMOS TAMÉN CARA ONDE ESTABA ORIENTADA A NOSA COMUNIDADE, E ASOCIAMOS ESTE-OESTE CON DEREITA-ESQUERDA


martes, 27 de novembro de 2012

LETRAS N,Ñ

COMEZAMOS ONTE CON XOGOS DE ORDENADOR...


...PARA PASAR HOXE A LER NA PIZARRA PALABRAS QUE CONTIVERAN A LETRA N , E RODEALAS CUN ROTULADOR.









O SEGUINTE PASO FOI PENSAR E ESCRIBIR UNHA PALABRA QUE CONTIVERA  O N


FINALMENTE REALIZAMOS A GRAFÍA NA FICHA ASÍ DE ENTRETIDOS


E QUEDOUNOS ASÍ DE BEN !! FIXÁDEVOS TAMÉN CANTO TRABALLAMOS POR DETRÁS...NON DESAPROVEITAMOS NADA O PAPEL :)








luns, 26 de novembro de 2012

EXAME

HOXE A PROFE DECIDIU FACERNOS UN "EXAME" POR ESCRITO ... ( SOOULLES MOITO MÁIS EMOCIONANTE QUE CANDO LLE DIGO QUE IMOS FACER UN  DITADO )
 PRIMEIRO SEPAROUNOS PARA QUE NON COPIARAMOS


E LOGO DITOUNOS GRAFÍAS DE NÚMEROS ORDINAIS E CARDINAIS,LETRAS,PALABRAS,SÍLABAS E FORMAS XEOMÉTRICAS.


HOUBO 7 NENOS/AS QUE O FIXERON ASÍ DE BEN (OU QUE TIVERON UN FAIO). PARABÉNS,PARRULIÑOS!

5 TIVERON ENTRE TRES E CATRO FAIOS,O CAL NON ESTÁ NADA MAL :)

E LOGO TIVEMOS TRES QUE...HAI QUE REPETIR PARA VER SE ESTABAN DESPISTADOS!!!!








venres, 23 de novembro de 2012

ANIVERSARIO DE CRISTIAN

SÓ FALTABA EU POR CUMPRIR OS CINCO ANOS . AGORA SÍ QUE XA SOMOS UNHA CLASE DE CINCO :)
ELABOREI A MIÑA COROA DE ANIVERSARIO
 E POSEI CON ESTA CARA DE "POR FIN !! "

REPARTÍN LAMBETADAS,CANTÁRONME,APLAUDÍRONME, E A PROFE,COMA SEMPRE,FIXO A TRADICIONAL FOTO DE GRUPO.

PEDÍN DE AGASAIO FOTOS,E CANDO A PROFE ME PREGUNTOU COMO QUERÍA RETRATARME, EU DÍXENLLE UN "EEEEEE....EN EL COLE"...POIS AQUÍ AS TES,PARRULIÑO. MOITOS PARABÉNS!! ;)


mércores, 21 de novembro de 2012

NORTE-SUR

PARA TRABALLAR NORTE E SUR, A PROFE REPARTIUNOS,PRIMEIRO, OS NOMES DAS COMUNIDADES.


COMEZAMOS SITUANDO NO MAPA MADRID,QUE ESTÁ NO CENTRO, E É A PARTIR DO CAL TRAZAMOS A METADE NORTE E A METADE SUR
LOGO POÑEMOS AS ILLAS QUE, POLAS SÚAS CARACTERÍSTICAS, TAMÉN NOS RESULTAN DOADAS DE SITUAR NO MAPA
AS COMUNIDADES QUE ESTÁN AO NORTE SON AS QUE SE SITÚAN NA METADE DE ARRIBA,E LEVAN TODAS AS LETRAS EN COR AZUL ( MAITE EXPLICOUNOS QUE NO NORTE FACÍA MÁIS FRÍO QUE NO SUR,E QUE POR ISO ELEXIRA ESA COR).
 AS COMUNIDADES QUE ESTÁN AO SUR SON AS QUE SE SITÚAN NA METADE INFERIOR,E A  COR QUE LLE PUXEMOS  É LARANXA PORQUE É UNHA COR MÁIS CÁLIDA,E NO SUR FAI MÁIS CALOR.

martes, 20 de novembro de 2012

luns, 19 de novembro de 2012

O FÓRMULA 1 DA RECICLAXE

DENDE FAI UN TEMPO ESTAMOS FACENDO COCHES RECICLADOS PARA TRABALLAR OS ORDINAIS.

PRIMEIRO GARDAMOS ENVASES DE ACTIMEL E PINTAMOS

LOGO,CON CHINCHETAS,SUXEITÁMOSLLE AS CATRO RODAS (TAPÓNS DE BOTELLA) E PUXÉMOSLLE UNHA PEGATINA CUN NÚMERO
POR ÚLTIMO FIXÉMOSLLE A CABEZA CUN ANACO DE  TIPS DE FÉCULA DE PATACA (SERVE TAMÉN UNHA FOTO, OU PLASTELINA)
HOXE PRACTICAMOS CON ELES OS ORDINAIS.A PROFE REPARTIU OS COCHES,E NÓS, DESPOIS DE IDENTIFICAR O ORDINAL QUE NOS TOCARA,COLOCÁMOLOS ASÍ DE BEN !


sábado, 17 de novembro de 2012

XOGO : LECTOESCRITURA

PREMENDO NA SEGUINTE IMAXE PODEREDES TRABALLAR A LECTOESCRITURA A DIFERENTES NIVEIS (O NIVEL DOUS É O MÁIS AXEITADO PARA A MAIORÍA)
 

venres, 16 de novembro de 2012

ANIVERSARIO DE PABLO

AO FIN TOCOUME O TURNO ! MAÑÁ CUMPLO 5 ANOS, E HOXE CELEBREINO  NO COLE COS COMPAÑEIROS/AS


ESTA COROA TAN CHULA,QUE MIREI E REMIREI NO ESPELLO, AXUDOUME A FACELA MAREA
 

LOGO,APROVEITANDO QUE ERA O MEU DÍA, E QUE A PROFE ME DEIXOU PEDIR DESEXOS,PEDÍN...
QUE IAGO ME AGASAIARA CUN BICO
                         E CRISTIAN DEUME CINCO TIRONCIÑOS DE ORELLAS
 LOGO FIXEMOS UNHA FOTO TODOS XUNTOS, E REPARTÍN AS LAMBETADAS DE DÚAS EN DÚAS


                                        MOITAS FELICIDADES,PARRULIÑO!