| This free slideshow customized with Smilebox |
Etiquetas
Aniversarios
(25)
entroido
(5)
Excursiones
(3)
Lectoescritura
(26)
Lógica-matemática
(17)
Manualidades
(31)
Nadal
(10)
Paz
(7)
Proxecto corpo humano
(14)
Proxecto España
(12)
Proxecto Universo
(21)
Reciclaxe
(23)
UD A prensa
(2)
UD dos animais
(3)
Valores
(18)
Videos
(47)
Voz Natura
(3)
Xogos de lectoescritura
(6)
Xogos de lóxica-matemática
(12)
luns, 23 de decembro de 2013
NADAL 2013
domingo, 3 de novembro de 2013
FESTA DE OUTONO
Sempre seredes os meus parruliños...canta morriña!!!
Moitas grazas, Graciela, por facer posible esta reportaxe,sen as túas fotos non sería posible elaborar este video.
| This free digital slideshow customized with Smilebox |
venres, 21 de xuño de 2013
GRAZAS
Moitas grazas ás familias por todo o cariño amosado,polas palabras tan fermosas adicadas, e por esas bágoas e momentos emotivos que me traio de recordo.
Aos meus parruliños,mil grazas por agasaiarme con tantos momentos inesquecibles.Sodes estupendos,que o tempo non vos cambie! :)
Nesta última foto faltan o parruliño Cristian e Iago,que onte non viñeron ao cole.

domingo, 16 de xuño de 2013
ANIVERSARIO DE ALDARA
Hoxe a protagonista do día é Aldara,chegan os desexados 6 anos para ela :)
Nomeou a dúas axudantes para elaborar a coroa de aniversario
Aldara traía claro,dende primeira hora,que ela non se ía sen uns mimos da profe ;)
O tirón de orellas reservouno para a súa curmá
E a aperta para Marea
O bico de Lucía
Repartiunos as lambetadas e fixemos dúas fotos de grupo,unha na clase, e outra no patio,cando fomos ver o horto :)
Nomeou a dúas axudantes para elaborar a coroa de aniversario
O tirón de orellas reservouno para a súa curmá
E a aperta para Marea
O bico de Lucía
E o cumpleanos feliz cantámosllo todos
Moitos parabéns,miña parruliña !!
mércores, 12 de xuño de 2013
ANIVERSARIO DE LUCÍA
O venres celebramos o aniversario de Lucía. Cando a profe chegou, a coroa xa estaba preparada! ;)
Lucía non se complicou pedindo cousas,xa forma parte das rutinas de aniversario o bico,a aperta e os tironciños de orellas
E dende o primeiro aniversario: cantamos,aplaudimos ,facemos a foto para o recordo e repartimos lambetadas :)
Moitos parabéns,miña parruliña !!
domingo, 2 de xuño de 2013
ANIVERSARIO DE BREIXO
O venres Breixo chegou á clase dicindo: "é o meu cumpleanos,e quero unha corona,un beso de Lucía,un abrazo de Marea e un tirón de orellas de Lorena,vale,Maite? "
Imos ver cantas cousas se cumpriron...
O primeiro obxectivo está cumprido.Ata é de cor verde!! (quería unha coroa,pero se ademais era verde,mellor)
Lucía estivo disposta a darme un bico
E Marea unha aperta
Lorena encantada me tirou das orellas ;)

Parece que xa cumprín os meus desexos...agora toca os deles.Houbo que cantarme un "cumpleanos feliz" para repartir as lambetadas
e eu escoiteinos así de fachendoso
Fixérono ben así que repartín as lambetadas e posei na foto de grupo :)
xoves, 30 de maio de 2013
LECTOESCRITURA :ÚLTIMAS GRAFÍAS
Xa só nos quedan por traballar as letras menos habituais: w,x,k
Nestes días empregamos a plasti e as letras móbiles para escribir
Tamén buscamos grafías como o ch ou o g nos libros

Antes de pasar a integralas normalmente na escritura,facemos exercicios de grafomotricidade
Nestes días empregamos a plasti e as letras móbiles para escribir
Tamén buscamos grafías como o ch ou o g nos libros
Escribimos no ordenador e tamén na pizarra
Antes de pasar a integralas normalmente na escritura,facemos exercicios de grafomotricidade
O paso final é o de sempre,amosar na ficha que as interiorizamos
mércores, 29 de maio de 2013
AUTONOMÍA
Andamos a facer uns zapatos "xigantes" para aprender a atar os cordóns
Pintamos con témpera sólida
Pintamos con témpera sólida
E recortamos coas tesoiras
Agora xa só queda plastificar,poñer un cordón, e comezar a practicar!
sábado, 25 de maio de 2013
VISITA DA GALIÑA AZUL
As compañeiras da Galiña Azul organizaron unha visita á biblioteca do cole para os cativos que teñen na aula de 2-3 anos.
Os nenos e nenas dos tres niveis de Infantil do cole presentámoslle traballos realizados sobre contos,para amosarlle algún dos xeitos que empregamos para contar unha historia.
Os maiores representamos novamente o teatrillo de títeres de carapuchiña vermella
O alumnado de 5º E.I. proxectou nunha pantalla a historia de cuadradito e contouna a partir das imaxes
Estivemos todos moi atentos!
Os pequenos do cole cantáronnos o conto do osiño polar .
Mentres a profe os colocou no escenario...
...Laura e a profe Marga repartiron os osiños que fixemos entre as tres clases, para que os da galiña azul levaran de recordo
Logo participamos todos na cantiga levantando o osiño dar cor indicada :)
Os nenos e nenas dos tres niveis de Infantil do cole presentámoslle traballos realizados sobre contos,para amosarlle algún dos xeitos que empregamos para contar unha historia.
Os maiores representamos novamente o teatrillo de títeres de carapuchiña vermella
O alumnado de 5º E.I. proxectou nunha pantalla a historia de cuadradito e contouna a partir das imaxes
Estivemos todos moi atentos!
Os pequenos do cole cantáronnos o conto do osiño polar .
Mentres a profe os colocou no escenario...
...Laura e a profe Marga repartiron os osiños que fixemos entre as tres clases, para que os da galiña azul levaran de recordo
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)