Páginas

martes, 29 de xaneiro de 2013

SOBRES CANTARÍNS

Onte levamos para casa uns sobres "moi pacíficos" que decoramos con moito agarimo para as nosas familias. Traballámolos coa profe Puri,ao igual que o texto da cantiga,título e autor.Así de fachendosos posamos algúns de nós  ;)



venres, 25 de xaneiro de 2013

mércores, 23 de xaneiro de 2013

INFORMÁTICA

Esta é a nosa aula de informática...aquí sí que temos un ordenador para cada un!! (na foto non collìa a aula enteira,pero non hai que compartir co compañeiro,coma na clase,jeje)

O outro día traballamos en Word ,e escribimos nomes de compañeiros;  hoxe tocou entrar nunha blogue  fantástica chamada "novos no barrio" e facer actividades LIM sobre o día da Paz 


Como estamos namorados da pomba Mari Paz, e das súas actividades,premendo no seguinte enlace poderemos xogar tamén dende a casa ;)

martes, 22 de xaneiro de 2013

CANTAMOS E BAILAMOS

Hoxe comezamos a ensaiar con Puri esta cantiga de Roberto Carlos "quiero tener un millón de amigos" para celebrar a vindeira semana o "día da Paz"


Logo de escoitar a cantiga tocou bailar.
Mirade que ben seguimos as instruccións da profe Puri!!!


Tamén houbo tempo para escribir o título e autor,e de paso aprendemos a palabra cantaautor : canta e escribe :)

luns, 21 de xaneiro de 2013

PSICOMOTRICIDADE

Encántanos ir a Educación Física con Marga !! Facemos unha morea de xogos e pasámolo moi ben.
Hoxe traballamos: dereita/ esquerda ; animais de terra/ auga / aire;  e tamén duro /brando


venres, 18 de xaneiro de 2013

XOGO

Este foi un dos xogos estrela da semana e ímolo pór na blogue porque tamén queremos xogar dende casa.

xoves, 17 de xaneiro de 2013

OS CONTOS TEÑEN...

Hoxe, na biblioteca, tocou descubrir que os contos teñen un título e un autor.O texto é a historia, e as ilustracións son os debuxos que lle pintou un ilustrador.
Fomos collendo contos e buscando título e autor( isto último non vos era nada doado!! )














Logo a profe leunos un poema no que tiñamos que buscar,ademais de título e autor,a resposta a dúas preguntas...que divertido nos pareceu empregar o chan como soporte para escribir!


mércores, 16 de xaneiro de 2013

XOGANDO COAS CORES

Onte e hoxe adicamos unha sesión a traballar as cores primarias e secundarias. 
Con Maite tocou cubrir unha superficie con pincel groso e traballar en equipo.
No primeiro grupo mesturamos vermello e branco para conseguir esta cor  rosa.
No segundo grupo mesturamos amarelo e vermello para obter a cor laranxa. Engadimos un pouco de cola branca para que brilara máis.















O terceiro grupo xa tiñamos unha cor primaria,o azul,pero como queriamos conseguir un azul celeste,engadimos branco.














Hoxe con Puri a actividade era individual,en tamaño folio,e con pinceis delgados.A consigna era pintar azul na parte superior, e verde na inferior.A partir de aí comezou a mestura de cores, e o debuxo libre.










martes, 15 de xaneiro de 2013

EXPRESIÓNS FACIAIS: O ENFADO

Estivemos falando dos enfados e do comportamento,con motivo da celebración do día da Paz,o vindeiro 30 de xaneiro.Acordamos que estaba ben enfadarse,pero que había que saber cómo.Así que imos facer un cartel,para o noso mural de "está bien ser diferente",co lema: "está bien poder enfadarse".
 Polo de pronto ensaiamos distintas caras de enfado,ou máis ben habería que dicir que o intentamos...a algúns dábanos a risa!!




luns, 14 de xaneiro de 2013

POEMA PARA DEBUXAR : UN PAISAJE

Comezamos  a traballar a semana pasada un poema con Puri.



É un poema de debuxar.Temos que fixarnos no que di a letra e logo ir debuxando.
Aquí nos tedes ensinándollo a Maite a ritmo de:dereita-esquerda...recitamos por estrofas : primeiro os da nosa dereita e logo os da esquerda...o final aínda non o sabemos ben :)

DE VERÁN A INVERNO

Hoxe secuenciamos o ceo...falamos de cómo acostumaba a estar no verán,logo no outono, e agora no inverno.Esta é a transición.Tratábase de ler as pistas e debuxar  :)

venres, 11 de xaneiro de 2013

MOCHILA VIAXEIRA

Comezamos o ano poñendo en funcionamento a mochila viaxeira.Desexamos que sexan do voso agrado as novidades ;)

 
Moitos parabéns para as nenas,pois para poñelas en funcionamento decidimos que unha a levara un neno, e outra unha nena.O criterio estaba relacionado co bo comportamento.
Como Marea nunca tivo a oportunidade de levala,posto que é nova no centro,acordaron que,aínda que todas se portaran ben,no canto de botalo a sortes,a levase Marea... :)

DESCUBRIMOS MENSAXES

Hoxe fixemos unha ficha moi entretida.Á profe estaba pensando no inverno cando a elaborou,así que para adiviñar o que había que debuxar,tiñamos que tachar a palabra inverno e ler o que quedaba.


Aquí nos tedes...somos todo concentración

E así de contentos lle iamos ensinando á profe o proceso


















Tamén xogamos no ordenador a construir frases co xogo que subiu onte a profe
 
E coas letras no recanto de "xogamos con letras"

xoves, 10 de xaneiro de 2013

mércores, 9 de xaneiro de 2013

VIDEO: ANIVERSARIOS DE XANEIRO


MOITOS PARABÉNS,MEUS PARRULIÑOS !!

venres, 4 de xaneiro de 2013