mércores, 27 de febreiro de 2013

PROXECTO: ÚLTIMOS TRABALLOS

Estivemos aprendendo o número de habitantes que ten España,a súa extensión,as linguas que se falan...

















Quédannos por ver algúns monumentos, e rematamos para este curso a nosa aprendizaxe sobre o país no que vivimos.
A profe xoga con nós a repasar o traballado  facéndonos preguntas.
Onte Lucía e Laura foron as que máis conguitos conseguiron(un por resposta acertada).   :)

Hoxe a cousa foi de moedas de chocolate de distinto valor.Habíaas dende 10 céntimos ata dous euros.Aínda que todos conseguimos algún carto,os que chegamos coa moeda ata o final somos estes,o resto xa a tiñamos no estómago  ;)


luns, 25 de febreiro de 2013

NNTT

As Novas Tecnoloxías tamén as empregamos para facer fichas na pizarra.
Unha das actividades consistía en escribir a palabra do debuxo

Na outra, a profe elaborou un encrucillado con imaxes que contiñan as grafías traballadas,especialmente o s.


Como nos gustou moito, pedímoslle que subira a actividade á blogue :)


venres, 22 de febreiro de 2013

xoves, 21 de febreiro de 2013

MANUALIDADE : COELLIÑO BRANCO


O conto do coelliño branco serviunos para traballar a importancia de axudar a quen o precisa,sen importar o grande ou pequenos que seamos.
Tamén foi base para a elaboración dun panel para o mural "todos somos iguales pero está bien ser diferente" ( respeto cara as diferenzas físicas:orellas grandes)













Para a súa elaboración empregamos,como de costume,material reciclado: tubos de cartón e depresores.
Despois de pintar de branco os tubos de cartón,cun rotulador debuxamos a cara do coelliño.A profe puxo na pizarra un modelo



Pintamos as orellas das cores que máis nos gustaron
 




Recortamos, e pegamos sobre un depresor cortado pola metade.Por detrás puxémoslle o nome





O resultado é este que vos amosamos





mércores, 20 de febreiro de 2013

TEATRO: TRISTÁN CARA DE CAN



 
Chegamos 15 min. antes de ir ao comedor,e deunos tempo de escribir o título da obra, e debuxar as personaxes
 
 

 

martes, 19 de febreiro de 2013

REPASANDO AS LETRAS NO MANTEL

Con Marga fixemos un mantel estupendo de letras minúsculas,para poñer cando merendamos

Hoxe démoslle unha nova utilidade.Empregámolo, primeiramente, para repasar as letras co dedo.Maite íanos dicindo letras polo son (discriminación auditiva),e nós tiñamos que buscar e repasar.
















Logo fixemos o mesmo con rotuladores
E ao final descubrimos que por unha das caras xa case sabemos facer a totalidade das letras.

luns, 18 de febreiro de 2013

DIME QUE HORA É

Logo de levar un tempo traballando de distintos xeitos as horas en punto, e "e media" ,hoxe fixemos unha ficha.
Primeiro saímos á pizarra de un en un a poñer a hora que indicaba.Fixámonos ben, e logo escribimos.



 




O mesmo fixémolo sobre papel,así de concentrados,e así de ben!!

 

venres, 15 de febreiro de 2013

xoves, 14 de febreiro de 2013

ANIVERSARIO DE GUILLE

Aquí me tedes,cumprindo seis espléndidos anos

Parécenme tantos,que pedínlle a dous compañeiros que me tiraran das orellas,non vaia ser que un só se cansara moito...
O mesmo me pasou cos bicos,nun día de celebración especial do amor, pensei que mellor viñeran dous a facer o reparto,por se o camión a esas alturas da mañá andaba algo baleiro :)
Quixen facerme con todos unha foto,para lembrarme dos que me acompañaron nunha data tan especial
 
E agradecinllo agasaiándoos cunha bolsa de lambetadas
Feliz aniversario,meu parruliño! Que cumpras moitos máis ;)

SAN VALENTÍN

Estivemos a falar do San Valentín,e do que significaba.É coma celebrar o día da Paz,faise fincapé un día,pero logo trátase de amosalo todo o ano.
Meco da moito de sí...axudámoslle a completar o seu disfraz cuns debuxos que representan o cariño polos compañeiros

Foi unha actividade que nos propuxo Puri.Escribiu os nomes dos compañeiros/as nun papel, e cada un collemos un
Había que facerlle un debuxo ao amigo que nos tocara, e escribir "para mi amigo..."









Logo a profe Puri levoullos ao cabaleiro do amor, e fixémonos unha foto de recordo
E a nosa profe tiña un corazón para cada un :)

DE 1º A 15º

Hoxe levamos os coches reciclados para a casa,xa que temos dominado o concepto " ordinal".
Traballamos do 1º ao 15º, porque somos 15 na clase,pero xa lle pillamos o "tranganillo",e somos capaces de dicir ata o 19º
(a partir do 10º aprendémolos coma: décimo primeiro,décimo segundo...)



mércores, 13 de febreiro de 2013