venres, 22 de marzo de 2013

VIDEOS: APRENDENDO A CONVIVIR

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own slideshow design

PAREN EL MUNDO,QUE ME QUIERO BAJAR


Aproveitando a semana da convivencia,déixovos o video que vos prometín do día da paz,e que está baseado nunha curta da xenial Mafalda :)

E se xenial é Mafalda,xeniais son tamén os parruliños,pois non hai tomas falsas,así o fixeron "de primeiras" .As caras de desagrado,sorpresa,etc tampouco precisaron de ningunha imaxe...poñían as expresións segundo as ía pedindo ;)

xoves, 21 de marzo de 2013

TRABALLOS DO TRIMESTRE

Hoxe levamos os traballos para a casa,que gana de ensinar todo o que fixemos!!
A esas fichas que fostes vendo ao longo do trimestre, fixémoslle unha portada




Metemos todo  nunha bolsa, e debuxamos a cara que pensabamos ían poñer as nosas familias ao ver os traballos e as notas :)

luns, 18 de marzo de 2013

SEMANA DA CONVIVENCIA

Esta semana celebramos no cole a " semana da convivencia".
Para ver por onde comezamos,debedes premer na seguinte imaxe

 

venres, 15 de marzo de 2013

POÑEMOS TÍTULO E IMAXE A UN TEXTO

Estamos aprendendo a poñer título a pequenas historias que lemos ou inventamos.Este é un dos traballos que fixemos hoxe.Había que poñer o título e facer un debuxo representativo



Diego foi o que máis se achegou ao título real da autora.Titulouno "llueve" e titulábase "la lluvia" :)

mércores, 13 de marzo de 2013

XOGO : ARA Y BELBO

Estes días con Marga,en informática, estivemos xogando con este xogo.Gústanos tanto que o queremos ter na blogue para poder xogar dende a casa.

MONUMENTOS DE ESPAÑA

Realizamos o último traballo sobre o país no que vivimos.
Observamos e comentamos características de distintos monumentos

Buscamos no mapa a comunidade na que se atopaban.En ocasións tocou pensar un pouco,pero pagou a pena!!  :)
















 Finalmente realizamos unha ficha
 
 


 

luns, 11 de marzo de 2013

OS ANIMAIS

Estamos aprendendo cousas dos animais,xa que no mes de abril faremos unha visita ao zoo.
Hoxe tocou falar dos  animais domésticos e salvaxes.

Dentro dos domésticos diferenciamos entre os que son de compañía e os que nos dan algún tipo de alimento
Vimos a imaxe e escoitamos con atención distintos sons de animais, tanto domésticos coma salvaxes
Escoitamos novamente o son dos animais,pero deste vez agochado tras unha interrogante.Logo aparecía a imaxe que confirmaba ou negaba a resposta que deramos:)

mércores, 6 de marzo de 2013

PLANTAMOS XACINTOS

Comezamos a mañá,logo de facer as rutinas,tentando saber o que eran os xacintos. O que máis se achegou á resposta correcta foi Ibai,que respostou que era "un campo de flores". A profe contounos que iamos plantar tres,e para iso preparou un powerpoint no que se recollía información relativa aos xacintos


Fomos lendo a información que poñía o powerpoint,e analizándoa:bulbo,25cm,procede de Oriente medio,características das follas,das flores,significado...















Con toda esta información subimos ao laboratorio e preparámonos para plantar :xardineiras recicladas,terra,vasiños de iogur,e auga


Aproveitamos para ver o que sementaran outros compañeiros,e observar como o fixeran,xa que outro día subiremos a facer un semilleiro de cenorias,leitugas,chícharos,cebolas...


luns, 4 de marzo de 2013

PAISAXE CON XIZ

Coa profe Puri seguimos adicando algunha das sesións a traballar a orientación espacial e a grafomotricidade,empregando distintas técnicas.
Esta vez fixemos unha paisaxe combinando xiz,témpera e ceras.


O resultado foi este :)


venres, 1 de marzo de 2013

CUENTO : MUJER EN LA VENTANA

Con Marga inventamos este conto a partir do cadro "mujer en la ventana" de Dalí.

CARNÉ DA BIBLIOTECA

Os libros que levamos esta fin de semana son da biblioteca do cole.
Para poder collelos tivemos que empregar o noso carné...canta ilusión nos fixo!  :)