venres, 21 de xuño de 2013

GRAZAS

Moitas grazas ás familias por todo o cariño amosado,polas palabras tan fermosas adicadas, e por esas bágoas e momentos emotivos  que me traio de recordo.
Aos meus parruliños,mil grazas por agasaiarme con tantos momentos inesquecibles.Sodes estupendos,que o tempo non vos cambie! :)



Nesta última foto faltan o parruliño Cristian e Iago,que onte non viñeron ao cole.

domingo, 16 de xuño de 2013

ANIVERSARIO DE ALDARA

Hoxe a protagonista do día é Aldara,chegan os desexados 6 anos para ela :)
Nomeou a dúas axudantes para elaborar a coroa de aniversario
 
Aldara traía claro,dende primeira hora,que ela non se ía sen uns mimos da profe ;)
O tirón de orellas reservouno para a súa curmá

E a aperta para Marea
O bico de Lucía
 
E o cumpleanos feliz cantámosllo todos
Repartiunos as lambetadas e fixemos dúas fotos de grupo,unha na clase, e outra no patio,cando fomos ver o horto :)


 
Moitos parabéns,miña parruliña !!

mércores, 12 de xuño de 2013

ANIVERSARIO DE LUCÍA

O venres celebramos o aniversario de Lucía. Cando a profe chegou, a coroa xa estaba preparada! ;)

Lucía non se complicou pedindo cousas,xa forma parte das rutinas de aniversario o bico,a aperta e os tironciños de orellas

ç
 
E dende o primeiro aniversario: cantamos,aplaudimos ,facemos a foto para o recordo e repartimos lambetadas :)


 
Moitos parabéns,miña parruliña !!
 

domingo, 2 de xuño de 2013

ANIVERSARIO DE BREIXO

O venres Breixo chegou á clase dicindo: "é o meu cumpleanos,e quero unha corona,un beso de Lucía,un abrazo de Marea e un tirón de orellas de Lorena,vale,Maite? "
Imos ver cantas cousas se cumpriron...

O primeiro obxectivo está cumprido.Ata é de cor verde!! (quería unha coroa,pero se ademais era verde,mellor)
Lucía estivo disposta a darme un bico
E Marea unha aperta
Lorena encantada me tirou das orellas ;)
Parece que xa cumprín os meus desexos...agora toca os deles.Houbo que cantarme un "cumpleanos feliz" para repartir as lambetadas

e eu escoiteinos así de fachendoso
Fixérono ben así que repartín as lambetadas e posei na foto de grupo :)