Comeza neste 2015 a "ronda dos 4 anos"
Coma sempre,hai que elaborar a coroa.A profe fai a silueta, e o demais e cousa nosa.
Pregunteille ao espello se tiña a coroa máis fermosa
E como me pareceu entender que sí,poso así de contento
Logo repartín lambetadas e todos me querían moito ... :)
Parabéns parruliño!!
Páginas
▼
sábado, 31 de xaneiro de 2015
INGLÉS
A teacher Belén preparou co alumnado de 3º de Primaria un conto que compartiu cos pequenos de Infantil.
Fomos a biblioteca e alí...
Fomos a biblioteca e alí...
Contáronnos primeiramente o conto.Como era en inglés,empregaron imaxes para apoiar a comprensión.
Despois cantáronnolo, e gustounos tanto que lle demos un forte aplauso.
PROXECTO : VOGAIS E ARTE
Ao longo do curso imos traballar as vogais asociadas coa Arte. Para iso solicitamos a colaboración das familias cunha nota informativa coma esta:
Explicámoslle aos compañeiros que obra elixiramos,a que letra se parecía, e contámoslle algúns datos curiosos
E xa chegaron as primeiras informacións.Parabens ás familias pola excelente colaboración ;)

mércores, 14 de xaneiro de 2015
TRIÁNGULO
E aproveitamos que as figuras eran de cores para repasalas







