sábado, 14 de marzo de 2015

ANIVERSARIO

Esta semana tivemos un novo aniversario,así que houbo coroa,cancións e lambetadas

  Colocámonos na zona da asamblea para escoitar os anos que cumpría, e tamén para saber qué lle quería pedir aos compañeiros
 

Tíñao moi claro,só quería unha aperta...nada máis!! isto sí que é conformarse con pouco ;)

Por último,antes de repartir as lambetadas,fixémonos unha foto de grupo
 
Moitos parabéns,parruliño!!

mércores, 11 de marzo de 2015

MONDRIAN

Para traballar a figura xeométrica do cadrado imos  ter como referente a Mondrian,un pintor cuxas obras representan a natureza mediante estas formas.
Pedímoslle axuda aos de 6ºEP presentándolle a Mondrian a partir dun PowerPoint

















Despois preguntámoslle se lle gustaría traballar con nós e...


Aquí nos tedes,explorando unha nova forma de aprendizaxe

Queremos representar unha árbore ao estilo Mondrian, así que os maiores amosáronnos distintas árbores e déronnos ideas e pautas para facer unha.


























Aínda que xa compartimos unha segunda xornada de traballo,as fotos do proxecto serán amosadas ao final,nun video :)









sábado, 7 de marzo de 2015

ANIVERSARIO

Mira profe, cumplo así (ensíname 4 dedos),y después ya voy a cumplir así (5 dedos),que te parece?ya me estoy haciendo mayor...

Igual de claro tiña que, para facer a coroa, non precisaba media clase,coa axuda dunha compañeira tiña dabondo :)
E que ía lucir moito máis sen mandilón
É tan agarimosa que...

E antes de repartir o biscoito e as lambetadas (que encargou á súa nai sen glute para que as poidera tomar Xoan) fixemos a foto de grupo
Moitos parabéns,miña parruliña!!