REPRESENTAMOS A OBRA "A CENORIA", QUE FIXERAMOS CON MARÍA,E Á QUE LLE DAMOS AS GRAZAS POR PRESTARNOS PARTE DO NOSO VESTIARIO.
MARCOS E ALDARA FORON OS NARRADORES
AQUÍ TEMOS AO AVÓ.SÓ LLE FALTABAN AS ENRUGAS
O PAPEL DE AVOAS FOI PARA LAURA E ALICIA
OS NETOS: PABLO,IAGO,LORENA
HUGO E LUCÍA FIXERON DE RUSCO,O CAN
TIFÓN,O GATIÑO MAIS LAMBÓN, FOI UN PAPEL QUE REPRESENTARON IBAI E DIEGO
CRISTIAN E GUILLERMO ERAN FOLERPIÑO,O RATIÑO MAIS RIQUIÑO
SUBIMOS AO ESCENARIO,DEIXAMOS OS NERVOS AGOCHADOS DETRÁS DA PORTA,E COMEZAMOS A FUNCIÓN.AQUÍ TEDES ALGUNHAS DAS FOTOS QUE NOS FIXO MARGA:MOITAS GRACIÑAS,COMPI!!
REPARTÍRONSE,AO REMATE DO FESTIVAL,UNS AGASAIOS A TÓDOLOS NEN@S QUE PARTICIPARON NA ELABORACIÓN DO CARTEL ANUNCIADOR DO FESTIVAL DE NADAL.
A GAÑADORA DO 1º PREMIO EN EDUCACIÓN INFANTIL FOI LAURA CARRAL PIÑÓN.MOITAS FELICIDADES,MIÑA PARRULIÑA!
DESPEDIUSE DE TODOS NÓS,COMO COMPAÑEIRO E MESTRE,MANOLO VIDAL.DENDE AQUÍ O MEU AGARIMO MÁIS SINCERO, A UN HOME QUE,COMO COMPAÑEIRO, ME TENDEU A MAN DENDE O PRIMEIRO DÍA QUE CHEGUEI AO CENTRO;E COMO PERSOA,ME AMOSOU O SEU RESPETO, E ME AGASAIOU COA SÚA AMIZADE.AÍNDA QUE ESTES DÍAS CHE SOE MOI REPETITIVO : GRAZAS MANOLO.
Etiquetas
Aniversarios
(25)
entroido
(5)
Excursiones
(3)
Lectoescritura
(26)
Lógica-matemática
(17)
Manualidades
(31)
Nadal
(10)
Paz
(7)
Proxecto corpo humano
(14)
Proxecto España
(12)
Proxecto Universo
(21)
Reciclaxe
(23)
UD A prensa
(2)
UD dos animais
(3)
Valores
(18)
Videos
(47)
Voz Natura
(3)
Xogos de lectoescritura
(6)
Xogos de lóxica-matemática
(12)
sábado, 24 de decembro de 2011
martes, 20 de decembro de 2011
luns, 19 de decembro de 2011
POSTAL DE NADAL
CHEGOU A NOSA AULA CORREO...ERA UNHA POSTAL DE MARÍA!! CANTA ILUSIÓN NOS FIXO.ENTRE TODOS FOMOS LENDO O QUE POÑÍA, E A PROFE SOLUCIONOUNOS AS DÚBIDAS QUE TIÑAMOS.CHEGAMOS Á CONCLUSIÓN DE QUE HABÍA QUE APRENDER A LER SE QUERIAMOS SABER O QUE POÑÍA NAS POSTAIS,CARTAS,LIBROS...GRAZAS MARÍA POR DESPERTAR INQUETUDES ;D
COMO PODES VER,ENVIÁMOSCHE BICOS E APERTAS.NÓS TAMÉN CHE DESEXAMOS UNHAS FELICES FESTAS, E QUE OS REIS MAGOS E PAPANOEL CHE TRAIAN DÚAS COUSAS,PORQUE TEÑEN QUE REPARTIR CON MOITOS NEN@S, E SENON NON CHEGA
PARA TODOS;PERO QUE MIRES NA CASA DOS AVÓS PORQUE ALÍ SEGURO QUE TAMÉN CHE DEIXAN ALGO (ISTO FOI O QUE DIXERON...)
sábado, 17 de decembro de 2011
MURAL DE NADAL
ESTE É O MURAL QUE ESTIVEMOS A FACER,AOS POUCOS, NOS ÚLTIMOS 15 DÍAS.NEL APARECE O APALPADOR (PERSONAXE GALEGA QUE O 24 DE DECEMBRO VISITA AS CASAS DOS NEN@S PARA APALPAR AS BARRIGUIÑAS, E COMPROBAR QUE COMERON.DEIXA DE AGASAIO UN SAQUIÑO DE CASTAÑAS).A ÁRBORE FIXÉMOLA CON BOTELLAS E TAPÓNS.FÁLTANOS ENGADIR UNHAS ESTRELIÑAS,E UNS AGASAIOS,E... LISTO!
mércores, 14 de decembro de 2011
A COMIDA : POR ONDE PASA E QUE OCORRE CON ELA
LOGO DE QUE MANOLO NOS EXPLICARA UN MONTÓN DE COUSAS DO APARATO DIXESTIVO,TRABALLAMOS DE DISTINTOS XEITOS PARA QUE NON SE NOS ESQUECERA NADA :D
martes, 13 de decembro de 2011
XOGO : ABETO DE NADAL
XA SÓ NOS FALTA UN ABETO ONLINE...TÉMOLO NA CLASE,TÉMOLO NA CASA,FALTÁBANOS NO BLOGUE!
TEDES QUE SELECCIONAR O ABETO DÁNDOLLE AS FRECHAS AMARELAS E LOGO VOLTAR A CLIQUEAR NO ABETO SELECCIONADO PARA QUE APAREZAN OS ADORNOS.
luns, 12 de decembro de 2011
ÁRBORE DE NADAL RECICLADO
NAS SEGUINTES IMAXES PODEDES VER COMO ELABORAMOS UNHA ÁRBORE DE NADAL CON CDS,OVOS BALEIROS E GOMETS.
venres, 9 de decembro de 2011
A. DIXESTIVO
HOXE MANOLO VEU Á NOSA CLASE CON ANDRÉS,UN BONECO AO QUE SE LLE PODEN QUITAR OS DISTINTOS ÓRGANOS, E ,ADEMAIS DE REPASAR O QUE SABIAMOS DO SISTEMA RESPIRATORIO,EXPLICOUNOS O PERCORRIDO QUE SEGUÍA A COMIDA, UNHA VEZ A METIAMOS NA BOCA.
MOITAS GRAZAS,MANOLO !! : D
MOITAS GRAZAS,MANOLO !! : D
mércores, 7 de decembro de 2011
CARTEIS DE NADAL
LAURA,ALDARA, E LORENA FIXERON ESTES DÍAS UN CARTEL ANUNCIANDO O FESTIVAL DE NADAL.
OS SEUS TRABALLOS PASAN A FORMAR PARTE DUN TABOLEIRO,NO QUE ESTAN TÓDOLOS CARTEIS PARTICIPANTES;E DE ENTRE OS QUE SAIRÁN OS CARTEIS GAÑADORES.MOITA SORTE,MIÑAS PARRULAS !!
OS SEUS TRABALLOS PASAN A FORMAR PARTE DUN TABOLEIRO,NO QUE ESTAN TÓDOLOS CARTEIS PARTICIPANTES;E DE ENTRE OS QUE SAIRÁN OS CARTEIS GAÑADORES.MOITA SORTE,MIÑAS PARRULAS !!
luns, 5 de decembro de 2011
ENSAIOS
LEVAMOS UNS DÍAS ENSAIANDO A OBRA DA CENORIA PARA TENTAR REPRESENTALA NO FESTIVAL DE NADAL.MIRADE QUE BEN O PASAMOS
xoves, 1 de decembro de 2011
XOGO : NÚMEROS
Andamos a traballar a posición dos números,tanto contando cara diante,como cara atrás (do 1-10).No seguinte xogo os nen@s teñen que completar o vagón do tren co número que falta
mércores, 30 de novembro de 2011
DESPEDIDA DE MARÍA
HOXE DESPEDIUSE DE NÓS MARÍA.LOGO DUN MES FACENDO AS PRÁCTICAS,VOLTA Á FACULTADE.DENDE AQUÍ QUEREMOS DARLLE AS GRAZAS POLO TEMPO ADICADO,O ENTUSIASMO,INTERESE E BO FACER...TAMÉN POLOS AGASAIOS...MOITAS GRAZAS,MARÍA !!
MARÍA MONTESSORI DICÍA : " ESTA ES NUESTRA OBLIGACIÓN HACIA EL NIÑO : DARLE UN RAYO DE LUZ, Y SEGUIR EL CAMINO " , E NOS ENGADIMOS : "MOITA SORTE E ATA PRONTO "
DECORACIÓN : BOLAS DE NADAL
PASOS PARA FACER BOLAS DE NADAL COA CÁSCARA DOS OVOS :
1º ) BALEIRAR OS OVOS FACENDO UN PEQUENO BURATO NA PARTE SUPERIOR, E OUTRO NA INFERIOR.
2º ) COLOCAR UNHA PALLIÑA DENTRO DO OVO, E SOPLAR FORTE.
3º ) CON PINTURA DE DEDOS(TEMPERA,ACUARELA,...) PINTAR DE CORES.
4º ) DECORAR CON PURPURINA (BOTÁMOSLLE COLA,PERO SERVE CALQUERA PEGAMENTO)
5º ) AMOSAR O CHULO QUE NOS QUEDOU !!
1º ) BALEIRAR OS OVOS FACENDO UN PEQUENO BURATO NA PARTE SUPERIOR, E OUTRO NA INFERIOR.
2º ) COLOCAR UNHA PALLIÑA DENTRO DO OVO, E SOPLAR FORTE.
3º ) CON PINTURA DE DEDOS(TEMPERA,ACUARELA,...) PINTAR DE CORES.
4º ) DECORAR CON PURPURINA (BOTÁMOSLLE COLA,PERO SERVE CALQUERA PEGAMENTO)
5º ) AMOSAR O CHULO QUE NOS QUEDOU !!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)