REPRESENTAMOS A OBRA "A CENORIA", QUE FIXERAMOS CON MARÍA,E Á QUE LLE DAMOS AS GRAZAS POR PRESTARNOS PARTE DO NOSO VESTIARIO.
MARCOS E ALDARA FORON OS NARRADORES
AQUÍ TEMOS AO AVÓ.SÓ LLE FALTABAN AS ENRUGAS
O PAPEL DE AVOAS FOI PARA LAURA E ALICIA
OS NETOS: PABLO,IAGO,LORENA
HUGO E LUCÍA FIXERON DE RUSCO,O CAN
TIFÓN,O GATIÑO MAIS LAMBÓN, FOI UN PAPEL QUE REPRESENTARON IBAI E DIEGO
CRISTIAN E GUILLERMO ERAN FOLERPIÑO,O RATIÑO MAIS RIQUIÑO
SUBIMOS AO ESCENARIO,DEIXAMOS OS NERVOS AGOCHADOS DETRÁS DA PORTA,E COMEZAMOS A FUNCIÓN.AQUÍ TEDES ALGUNHAS DAS FOTOS QUE NOS FIXO MARGA:MOITAS GRACIÑAS,COMPI!!
REPARTÍRONSE,AO REMATE DO FESTIVAL,UNS AGASAIOS A TÓDOLOS NEN@S QUE PARTICIPARON NA ELABORACIÓN DO CARTEL ANUNCIADOR DO FESTIVAL DE NADAL.
A GAÑADORA DO 1º PREMIO EN EDUCACIÓN INFANTIL FOI LAURA CARRAL PIÑÓN.MOITAS FELICIDADES,MIÑA PARRULIÑA!
DESPEDIUSE DE TODOS NÓS,COMO COMPAÑEIRO E MESTRE,MANOLO VIDAL.DENDE AQUÍ O MEU AGARIMO MÁIS SINCERO, A UN HOME QUE,COMO COMPAÑEIRO, ME TENDEU A MAN DENDE O PRIMEIRO DÍA QUE CHEGUEI AO CENTRO;E COMO PERSOA,ME AMOSOU O SEU RESPETO, E ME AGASAIOU COA SÚA AMIZADE.AÍNDA QUE ESTES DÍAS CHE SOE MOI REPETITIVO : GRAZAS MANOLO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario