luns, 28 de novembro de 2011

NÚMEROS E FORMAS

NAS SEGUINTES IMAXES PODEREDES VER ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE FACEMOS PARA APRENDER NÚMEROS,FORMAS ,...

ESTE É UN MALETÍN QUE TEN PLANCHAS CUNHA CHEA DE  BURAQUIÑOS NOS QUE INSERTAR PINCHOS DE CORES, E FACER NÚMEROS,FORMAS, LETRAS.DEBUXOS...

FACEMOS PUZZLES DE DISTINTA DIFICULTADE, E TÉMONOS QUE FIXAR MOITO NAS CORES E FORMAS DAS PEZAS PARA SABER ONDE DEBEN IR COLOCADAS


NO ORDENADOR TEMOS XOGOS PARA TRABALLAR AS FORMAS E NÚMEROS ( CONTAR CARA DIANTE,CARA ATRÁS,ORDENAR,ASOCIAR...)
PASÁMOLO MOI BEN CO XOGO "DO TIMBRE".TEMOS CARTAS(QUE NON PODEMOS VER) CON FROITAS.CANDO SAIA O NÚMERO DE FROITAS ACORDADO TOCAMOS O TIMBRE.O 1º QUE CONSEGUE TOCALO SEN EQUIVOCARSE,RECOLLE AS CARTAS E AO FINAL GAÑA O QUE MAIOR NÚMERO DE CARTAS POSÚA.

Ningún comentario: