luns, 4 de xuño de 2012

DEPORTE ESCOLAR

O VENRES CELEBROUSE A XORNADA DO DEPORTE ESCOLAR.OS NENOS E NENAS DE 2º A 6º FORON A CARBALLEIRA DE SAN XUSTO A BUSCAR AS SÚAS MEDALLAS, E A COMPARTIR UNHA XORNADA CON SANDRA AZÓN,REGATISTA E MEDALLA DE PLATA NOS XOGOS OLÍMPICOS DE ATENAS.



NÓS TRABALLAMOS, NA CLASE, O DEPORTE A PARTIRES DA LECTURA.E ENTRE OS DEPORTES ESTABA VELA...SANDRA TAMÉN ESTIVO CON NÓS, E ENSINOUNOS A SÚA MEDALLA DE PLATA, MIRADE,MIRADE!!


2 comentarios:

JOMAVI dixo...

Todo o que sexa falar do deporte aos "peques" é bo. Se contamos coa presencia dunha deportista de élite aínda mellor.

Que bonitas fotos das eirugas da seda. Faime recordar cando eu era pequeno que tamén as tiña. É bonito ver a evolución dos vermes.

Que bonito o cumpre de Breixo.

Un saúdo.

Maite dixo...

Ola Jomavi,
a verdade é que nós compartimos un anaco pequeno con Sandra,pero foi encantadora e moi cercana.
Os vermes xa os temos todos nos casulos...todos os que non nos morreron,claro!! agora toca esperar uns días.
Dá gusto velos cumprir anos,que ilusión lle fai!! é bonito lembrar cando a nós tamén nos facía a mesma ilusión ;)
Un saúdo agarimoso, e grazas polo teu comentario