A FICHA DE HOXE SÍ QUE ERA DIFÍCIL ! PRECISABA DE MOITA ATENCIÓN E CONCENTRACIÓN.
REPASAMOS OS CUANTIFICADORES ( MÁIS QUE,MENOS QUE,IGUAL QUE) E TAMÉN DEREITA-ESQUERDA.
PRIMEIRO, A PROFE PEDIUNOS QUE NOS PUXERAMOS DE PÉ DETRÁS DAS CADEIRAS, E QUE CONTARAMOS CANTOS ERAMOS EN CADA RINGLEIRA
LOGO, PEDIUNOS QUE FORAMOS DOUS MÁIS NUN LADO (E TIÑAMOS QUE SUMAR) ,TRES MENOS ( E RESTABAMOS) E FINALMENTE,QUE NOS ARREGLARAMOS PARA QUEDAR O MESMO NÚMERO NUN LADO QUE NO OUTRO.
A PROFE,NOVAMENTE,PÚXONOS UNHA PULSEIRA NA MAN DEREITA,PARA LEMBRAR BEN CAL É A DEREITA E NON CONFUNDILA COA ESQUERDA.
A ALDARA, E A CATRO COMPAÑEIROS MÁIS,TOCOULLES LER O QUE HABÍA QUE FACER NA FICHA
E ASÍ DE CONCENTRADOS TRABALLAMOS
SEGUINDO AS INDICACIÓNS DA PROFE,CONSEGUIMOS FACER TODO O QUE SE NOS PEDÍA :)
Ningún comentario:
Publicar un comentario