sábado, 25 de outubro de 2014

TEMPO DE LECER

Este é o noso novo espazo de xogo

xoves, 23 de outubro de 2014

MURAL : OS TRES PORQUIÑOS

Este é o mural que comezamos en xuño,na nosa 1ª visita ao centro,e que rematamos fai uns días.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own free picture slideshow

mércores, 22 de outubro de 2014

CÍRCULOS E ARTE

Descubrimos que hai persoas que se adican a pintar cadros e que se chaman pintores.Entre eles,hai dous,Miró e Kandinsky,aos que lle gusta moito empregar os círculos nas súas obras.
Comezamos por averiguar onde quedaba Barcelona,lugar de nacemento de Miró.
Pensamos nos medios de transporte que nos podían levar ata alí
Buscamos círculos das cores que nos indicaba a profe


 Descubrimos as témperas sólidas e,sobre todo,os punzóns!!



mércores, 15 de outubro de 2014

NÚMERO 1

Comezamos a traballar a noción de cantidade :)
Nesta ocasión tocou facer boliñas de papel de seda para poder pegar no nº1,que previamente repasamos co dedo.

Tamén pintamos un pitiño,gardámolo dentro dun círculo ( así practicamos os conceptos: círculo e dentro)e unímolo co nº1   ;)

 

martes, 14 de outubro de 2014

TRAZO HORIZONTAL

Comezamos a realizar trazos no papel seguindo a liña de puntos... e mesmo unimos dous puntos sen liña! Agora xa só é cuestión de práctica  :)
(Os trazos horizontais serven para practicar a coordinación óculo-manual,que é a que posteriormente precisaremos para poder escribir.Ademais,estamos acostumando ao ollo á direccionalidade da nosa escritura,de esquerda a dereita,e tamén da lectura )


Coma sempre, o paso previo ao traballo en papel é facelo na pizarra.










Logo traballamos en pequenos grupos para que Maite nos poida axudar












O resto de compañeiros están en recantos como as Novas Tecnoloxías,a expresión plástica ou as construccións








martes, 7 de outubro de 2014

BIBLIOTECA DO COLE

Temos na aula un recanto con contos chamado biblioteca de aula.


( Aquí nos tedes recollendo,mirade que ordenados somos!!!!! )





Tódolos xoves,despois do recreo,podemos facer uso da biblioteca do cole,está reservada no horario para nós :)


O outro día o conto que elexiu a profe foi este...como estamos traballando o círculo...  :)


Despois do conto, Maite explicou que había un segredo para devolvelo ao seu sitio,e así atopalo sempre que quixeramos.
Levan un gomet cunha cor e unha forma para saber en que andel hai que poñelo.Non temos máis que mirar a pegatina, e buscar o andel que a ten igual :)



ESQUEMA CORPORAL

Despois de facer xogos, e de escoitar /bailar cancións que falan das distintas partes do corpo,tocou construir unha figura humana,a que o encargado lle puxo o nome de Lucas



Saimos á pizarra e cada un colaboramos poñendo unha parte do corpo
 

 

Agora xa podedes xogar na casa a elaborar figuras humanas :)

GRAFOMOTRICIDADE

Estamos a traballar os trazos horizontais...


...co dedo, no nome que temos na mesa.Comezamos na foto e rematamos na última letra do nome.







...na pizarra dunha esquina a outra,de xeito libre...












...ou seguindo a liña de puntos dende a nosa foto ata os caramelos!! :)









Continuamos en folios A3 facendo trazos de cores de xeito libre 
Agora xa só queda facelos en folio, pero seguindo a liña de puntos ;)

mércores, 1 de outubro de 2014

O CÍRCULO E AS CORES

Comezamos a traballar formas ( o círculo)  e cores (amarela e vermella) . Para iso fixemos un xogo no que nos moviamos polo espazo ao son dun pandeiro e, cando paraba, tiñamos que erguer a figura ou cor que indicaba a profe,e no lugar no que nos dicía...cantas ordes xuntas!!


Saímos todos á pizarra a colorear de vermello só as figuras xeométricas que tiñan forma de círculo





Debuxamos círculos co dedo: na mesa,no chan,no lombo do compañeiro/a , e tamén buscamos na clase obxectos que tiveran forma de círculo,ou fosen amarelos/vermellos.
Finalmente, fixemos a ficha así de concentrados :)


TRABALLANDO OS VALORES

O outro día chegou a primeira moeda para 
colaborar coa ONG INTI.




 O colexio de Tenorio ten amadriñadas a un grupo de nenas dunha escola fogar de Perú, para que poidan estudar.Aquelas familias que queiran/poidan colaborar, poderano facer aportando,como máximo, 50 céntimos ao mes.
Logo de ver un video que nos preparou a profe,buscamos no mapa onde viviamos nós e onde quedaba Perú














Cómo chegar alá?... Descubrimos que, ou iamos en barco, ou en avión...en barco hai que dar máis volta!! ;)



Hoxe levamos bolsas para a casa coa fin de preguntarlle ás nosas familias se tiñamos roupa para poder colaborar con SOS AFRICA ,e axudar a outra xente que ten menos recursos ca nós.















Aínda que non temos foto,se tamén traemos tapóns para reciclar, estaremos axudando a nenos/as enfermos... en nada facémonos co carné de "persoa solidaria" ...á profe gústalle máis dicir: "formando a persoas" ;)