martes, 7 de outubro de 2014

BIBLIOTECA DO COLE

Temos na aula un recanto con contos chamado biblioteca de aula.


( Aquí nos tedes recollendo,mirade que ordenados somos!!!!! )





Tódolos xoves,despois do recreo,podemos facer uso da biblioteca do cole,está reservada no horario para nós :)


O outro día o conto que elexiu a profe foi este...como estamos traballando o círculo...  :)


Despois do conto, Maite explicou que había un segredo para devolvelo ao seu sitio,e así atopalo sempre que quixeramos.
Levan un gomet cunha cor e unha forma para saber en que andel hai que poñelo.Non temos máis que mirar a pegatina, e buscar o andel que a ten igual :)



2 comentarios:

Teresa dixo...

Un aplauso para esa hora de biblioteca. Nada mellor para estimular a imaxinación e aprender os valores que se atopan agachadiños nos contos.

¡Qué boa idea a das pegatinas! Vou poñelo en práctica na casa, a ver se así as cousas volven o seu sitio.;)

Maite dixo...

Os libros son sempre, unha opción excelente ;)