sábado, 26 de maio de 2012

EIRUGAS DE SEDA

SORPRESA !! CHEGOU MARCOS CUNHA CAIXA CHEA DE EIRUGAS DE SEDA



CONTOUNOS QUE TIÑA MOITAS NA CASA,E QUE ÍAN FACER UNHAS CASIÑAS NAS QUE SE AGOCHABAN, E DESPOIS SE CONVERTÍAN EN BOLBORETAS. ESTÁ TAN EMOCIONADO QUE QUERE COMPARTIR CON NÓS A EXPERIENCIA. GRAZAS MARCOS !!



A PROFE COLLEU UNHA PEIXEIRA VELLA QUE ATOPOU, E FÍXOLLE UNS BURAQUIÑOS PARA COLOCAR "PALILLOS CHINESES"  COA FIN DE QUE FAGAN OS CASULOS NELES.

AGORA PODEMOS OBSERVALOS MELLOR, E A PARTIRES DO MARTES COMEZAREMOS A APRENDER COUSAS DAS EIRUGAS DE SEDA.
POLO DE PRONTO SABEMOS QUE COMEN FOLLAS DE MOREIRA (CADA DÍA O ENCARGADO SERÁ O QUE LLE BOTE DE COMER) ,E QUE SON ASÍ DE BONITAS  :)






MOITAS GRAZAS A CARLOS E LUISA,PAPÁS DE MARCOS.

Ningún comentario: