A OBRA É DUN PINTOR QUE SE CHAMA LAXEIRO, E COMO NON SABIAMOS NADA DEL, BUSCAMOS NA INTERNET.
...AQUÍ O TEMOS,ESTE ERA LAXEIRO.
NA INFORMACIÓN QUE ATOPAMOS DICÍA QUE NACERA EN LALÍN, E QUE LOGO EMIGRARA A CUBA, ONDE SE ATOPABA O SEU PAI. ASÍ QUE O SEGUINTE PASO FOI...
...TECLEAR A PALABRA LALÍN E MAPA. QUERIAMOS SABER ONDE SE ATOPA,SE É PRETO OU LONXE DE TENORIO,PORQUE LAURA,QUE XA ESTIVERA ALÍ,DIXO QUE QUEDABA MOI LONXE,E A PROFE,QUE É DE ALÍ,DI QUE QUEDA PRETO...
AQUÍ ESTÁ,PUXEMOS UN PUNTO EN TENORIO, E OUTRO EN LALÍN.LOGO TRAZAMOS O CAMIÑO...NO MAPA NON SEMELLA MOI LONXE.... :)
DE LALÍN PASAMOS A AMÉRICA, POIS INVESTIGANDO NA INTERNET ATOPAMOS QUE CUBA, LUGAR A ONDE EMIGROU LAXEIRO, ESTABA NO CONTINENTE AMERICANO, ASÍ QUE AXUDÁMONOS DUN GLOBO TERRÁQUEO
TAMÉN BOTAMOS MAN DO MAPAMUNDI QUE TROUXO DIEGO,PORQUE NEL ESTÁN ESCRITOS OS NOMES DOS PAÍSES. LOGO DE BUSCAR UN BO ANACO... ATOPAMOS O NOME DE CUBA!.
MAÑÁ TOCA VER ALGUNHAS DAS SÚAS OBRAS, E LOGO FACER UNHA IMITACIÓN DUN DOS SEUS CADROS :)
Ningún comentario:
Publicar un comentario