domingo, 28 de abril de 2013

sábado, 27 de abril de 2013

VIDEO: REPRESENTACIÓN CON TITERES

Esta é a representación  do conto de Carapuchiña Vermella que fixemos cos títeres,con motivo da celebración da semana do libro.


venres, 26 de abril de 2013

A PRENSA

O martes comezamos a traballar sobre a prensa. Como de costume,Maite preguntounos sobre os coñecementos previos que tiñamos sobre o tema,e isto é o que contestamos (premer na imaxe)



Logo lemos algunha das noticias que viñan na portada, e comentámolas.




luns, 22 de abril de 2013

VIDEO: ASÍ TRABALLAMOS

O venres a profe fíxonos un video para ensinarvos cómo traballamos.De paso que faciamos unha ficha sobre animais vertebrados e invertebrados,escoitabamos as cantigas de carapuchiña que soarán na representación de títeres ;)

xoves, 18 de abril de 2013

REPRESENTACIÓN CON TÍTERES

Seguimos a sacarlle partido ao conto de carapuchiña. Comezamos o ano pasado vendo videos e contando a historia

As nosas familias axudáronnos a elaborar títeres relacionados co conto


Este curso fixemos un libro sobre Carapuchiña,inventamos un conto sobre carapuchiño,e agora toca cerrar o traballo representando a historia cos títeres.Será a vindeira semana,e hoxe iniciamos os ensaios.
 Traballamos por equipos,primeiro uns moviamos os títeres, e os outros miraban a función


 
E despois invertimos os papeis

mércores, 17 de abril de 2013

OS EUROS


Comezamos a manexar as moedas de 1 e 2 euros,e os billetes de 5.

Laura foi a primeira que atopou xeitos distintos de sumar cinco euros
Cada un collemos unha moeda ou billete,e tivemos que xuntarnos de xeito que sumaramos a cantidade que nos indicaba a profe


Hugo,Aldara e Marea foron os máis rápidos para conseguir facer un equipo que sumara 6 euros


E Alicia e Laura as primeiras que fixeron unha decena de euros...cómo lle gustou o de ter o billete !!

 
Despois a profe dicíanos obxetos cun prezo e nós tiñamos que formar a cantidade
 
Finalmente fixemos unha ficha na que había que mercar o que máis nos gustara, pero sen pasarnos dos 10 euros...tampouco valía que nos sobrara nada
 



 


MEDALLÓN DA SEMANA DA CONVIVENCIA

Rematamos o medallón que fixemos na semana da convivencia e levámolo para a casa nun sobre,esta vez,feito con papel de xornal e gomets

 




martes, 16 de abril de 2013

XOGO: 4 EN RAIA

Na clase xogamos por equipos ( dous contra dous) ou por parellas.Aquí temos a opción de xogar contra a máquina...a ver que tal se nos da!

venres, 12 de abril de 2013

2ª RONDA DA MOCHILA VIAXEIRA

As principais novidades que inclúe a Mochila Viaxeira, esta vez, son:

Un caderno a partir do cal desenvolver a imaxinación e a creatividade.Cada folla fai unha proposta de traballo que nós completaremos do xeito que máis nos guste



Material coma o que temos na clase...
 
 
...entre este material van pinturas acuarelables.Pintan coma se fosen ceras,pero logo cun pincel podemos estender o trazo
 


















Desta volta trocamos as adiviñas por poesía,seguimos incluíndo un conto,un xogo de ordenador,un caderno no que seguir contando ou debuxando cousas alusivas ao material da mochila,e mudamos o Cd de fotos por un video sobre animais.
 

xoves, 11 de abril de 2013

ACTIVIDADES NAS BIBLIOTECAS DE COTOBADE

Aproveitando que tódolos xoves realizamos actividades na biblioteca do cole,e que o 23 de abril celébrase o día do libro,achegámosvos o cartel que a mamá de Pablo Rial (3 anos) nos achegou para convidarvos a gozar das seguintes actividades nas bibliotecas públicas municipais de Tenorio e Carballedo:

mércores, 10 de abril de 2013

ANIVERSARIO DE MAREA

Temos un novo membro no clube "dos seis anos" : Marea. Para celebralo tróuxonos unha mousse de chocolate riquísima.

Un dos desexos foi bailar a ritmo de papamericano e waka waka
 
Moitos parabéns,miña parruliña!!

martes, 9 de abril de 2013

FACEMOS MEDICIÓNS CON PALMOS E PÉS

Hoxe iniciámonos no mundo da medición.Comezamos con palmos e pés.
O 1º que medimos foi a mesa




 
Despois realizamos unha ficha onde nos tiñamos que colocar por parellas,medirnos mutuamente,e anotar o resultado.

 
Medimos máis palmos ca pés, e a profe preguntounos cómo era iso posible.
Breixo: porque os pés son máis grandes e fainos falta poñelos menos veces.  ;)

ANIMAIS VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS

Aproveitando que Marga nos trouxo para observar un caracol e unha lombriga,a profe Maite falounos dos animais vertebrados e invertebrados.

Agora sabemos que son invertebrados porque non teñen ósos,e en grupos de tres,saímos a ver como se desprazaban .





luns, 8 de abril de 2013

VIDEO: OBRADOIRO DE BARRO

Experimentación,manipulación e creación acostuma a vir da  man da profe Puri.Desta volta o elemento empregado foi o barro.
Na seguinte presentación poderedes ver o obradoiro que realizamos.

domingo, 7 de abril de 2013

VIDEO : VISITAMOS O ZOO DE VIGO

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free photo slideshow generated with Smilebox

mércores, 3 de abril de 2013

AS DECENAS

Hoxe comezamos a traballar as decenas.A profe preguntounos se alguén sabía o que era unha decena, e Diego,todo convencido,respostou: "yo si,es cuando alguien va a comer"   ;)
Para que haxa unha decena ten que haber 10 unidades, así que amañámonos para formar unha decena de nenos e nenas.
Sobráronnos estas cinco unidades
O segundo paso foi formar unha decena con rotuladores ou ceras













Logo movémonos un posto xirando segundo as agullas do reloxo, e comprobamos que o compañeiro/a que tiñamos ao lado tiña unha decena.
 
A pizarra serviunos para rodear decenas de números e círculos,ou poñerlle un punto a unha decena de círculos
Rematamos sempre do mesmo xeito,amosando nunha ficha a comprensión do concepto traballado.
Así de satisfeita estaba Marea porque lle saíran perfectas as operacións :)