Cumpriu 6 anos, e xa considera que, cando pide o recanto da biblioteca, non está en idade de ler contos,le o xornal !!
A profe deulle un anaco de cartolina en forma de coroa e deixouna,coa axuda de Lucía,que a decorase ao seu gusto... completísima lle quedou ! ;)
Non só lle puxo a idade,senón tamén o nome,unha cara cunha coroa de plasti e incontables gomets!...aquí a podedes ver buscando a mellor posición diante do espello
A profe preguntoulle se quería algo de agasallo ou pasabamos a cantar e repartir lambetadas...tironcillos de orellas,bicos e apertas.
Despois sí lle cantamos,repartiunos lambetadas, e fixemos a foto para o recordo
Un bico grande e moitos parabéns,miña parruliña :)
Ningún comentario:
Publicar un comentario