sábado, 20 de decembro de 2014

NADAL

Felices Festas !! :)
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow created with Smilebox

luns, 15 de decembro de 2014

DE MIRÓ A KANDINSKY

Como ben sabedes, ao longo do trimestre traballamos as cores básicas (azul,verde,amarelo e vermello) e a forma do círculo asociadas a obras de arte. Desta volta amósovos o traballado sobre Kandinsky.

Logo de buscar no mapa Rusia,país de orixe de Kandinsky,e de ver varias das súas obras,quedámonos con esta para facer nós unha reproducción.


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize a slideshow design


Rematamos a nosa andadura polos círculos comendo...patacas fritidas!... descubrimos que tamén teñen forma de círculo.Ah! e eran sen glute,para que as puidera comer Xoan ;)






Había que deixar unhas poucas para os que faltaban ese día...que mágoa ;)

xoves, 11 de decembro de 2014

OS HÓRREOS

Este curso o calendario escolar ten como tema: construcións típicas galegas,e nós traballamos sobre os hórreos
Así fixemos os nosos con material de refugallo


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own free picture slideshow

martes, 9 de decembro de 2014

CARRO SOLIDARIO

Estamos a colaborar coa seguinte iniciativa dos Trazantes
E xa chegaron as primeiras axudas :)
Levamos toda esta comida ao "carro" que instalamos no corredor da entrada ao colexio
 O noso donante de comida solicitoulle axuda a dous compañeiros,e entre os tres colacaron a pasta nos estantes

ANIVERSARIO

Xa temos a unha nova parruliña no clube dos "tres anos" .Así o celebramos ;)


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A digital slideshow by Smilebox

E así a debuxamos entre todos

Moitos parabéns,miña nena! ;)

domingo, 23 de novembro de 2014

O NOSO MIRÓ

Seguimos a traballar o círculo e as cores a partir das obras de Joan Miró.Logo de ver varias das súas obras de arte e localizar as cores ou círculos que nos indicaba a profe...

















...pasamos a facer entre todos un MIRÓ 


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a photo slideshow

CREBACABEZAS

Os crebacabezas proporcinonan o desenvolvemento de moitas habilidades mentais.
  • Habilidades cognitivas – Aumenta a conciencia espacial e visual

  • Resolución de problemas – completar un crebacabezas implica resolver problemas e habilidades de razonamento

  • Desenvolvemento  da motricidade fina: de xeito divertido practican a manipulación de pezas de distintos tamaños e o desenvolvemento da "pinza" 

  • Coordinación óculo-manual:  xogar con crebacabezas require un proceso de ensaio-error que implica unha importante coordinación de ollo-man a un tempo.


  • Social:  promove  o xogo cooperativo. Cando os nenos traballan xuntos para completar un crebacabezas, discútese onde debe ir unha peza e por que, tomar turnos e compartir, apoiarse uns a outros.


  • Autoestima: brinda un sentido de logro e orgullo .Proporciona un impulso á súa confianza e  autoestima, preparándoos para outros retos da vida.

martes, 11 de novembro de 2014

PROXECTO LECTOR

Seguindo a normativa e o proxecto lector do centro,tódolos días adicamos un tempo á lectura.Hai moitas formas de estimular a lectura,e unha delas é ollando contos.Así de entretidos estamos











LETRA E

Menuda sorpresa!Chegou á clase unha caixa especial,que recolleu a encargada.


Abrímola e estaba chea duns pós máxicos...se pasabamos o dedo por enriba deles aparecía o que nós quixeramos,neste caso,a letra E...mirade que ben a escribimos :)


Na pizarra a profe escribía palabras,e nós tiñamos que rodear o E



Ao final fixemos unha ficha :)