domingo, 23 de novembro de 2014

O NOSO MIRÓ

Seguimos a traballar o círculo e as cores a partir das obras de Joan Miró.Logo de ver varias das súas obras de arte e localizar as cores ou círculos que nos indicaba a profe...

















...pasamos a facer entre todos un MIRÓ 


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a photo slideshow

CREBACABEZAS

Os crebacabezas proporcinonan o desenvolvemento de moitas habilidades mentais.
  • Habilidades cognitivas – Aumenta a conciencia espacial e visual

  • Resolución de problemas – completar un crebacabezas implica resolver problemas e habilidades de razonamento

  • Desenvolvemento  da motricidade fina: de xeito divertido practican a manipulación de pezas de distintos tamaños e o desenvolvemento da "pinza" 

  • Coordinación óculo-manual:  xogar con crebacabezas require un proceso de ensaio-error que implica unha importante coordinación de ollo-man a un tempo.


  • Social:  promove  o xogo cooperativo. Cando os nenos traballan xuntos para completar un crebacabezas, discútese onde debe ir unha peza e por que, tomar turnos e compartir, apoiarse uns a outros.


  • Autoestima: brinda un sentido de logro e orgullo .Proporciona un impulso á súa confianza e  autoestima, preparándoos para outros retos da vida.

martes, 11 de novembro de 2014

PROXECTO LECTOR

Seguindo a normativa e o proxecto lector do centro,tódolos días adicamos un tempo á lectura.Hai moitas formas de estimular a lectura,e unha delas é ollando contos.Así de entretidos estamos











LETRA E

Menuda sorpresa!Chegou á clase unha caixa especial,que recolleu a encargada.


Abrímola e estaba chea duns pós máxicos...se pasabamos o dedo por enriba deles aparecía o que nós quixeramos,neste caso,a letra E...mirade que ben a escribimos :)


Na pizarra a profe escribía palabras,e nós tiñamos que rodear o E



Ao final fixemos unha ficha :)

APRENDENDO A RECORTAR E PEGAR

Empregamos por 1ª vez as tesoiras na clase para construir un crebacabezas do esquema corporal.

1º.Recórtase pola liña de puntos...tamén serve intentalo ;)






















2º.Facemos o crebacabezas e a profe vixía que estea ben



























3º.Botámoslle pegamento





luns, 3 de novembro de 2014

SAMAÍN

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a photo slideshow