sábado, 31 de xaneiro de 2015

ANIVERSARIO

Comeza neste 2015 a "ronda dos 4 anos"
 Coma sempre,hai que elaborar a coroa.A profe fai a silueta, e o demais e cousa nosa.
 Pregunteille ao espello se tiña a coroa máis fermosa
 E como me pareceu entender que sí,poso así de contento
 Logo repartín lambetadas e todos me querían moito ... :)
Parabéns parruliño!!

INGLÉS

A teacher Belén preparou co alumnado de 3º de Primaria un conto que compartiu cos pequenos de Infantil.
Fomos a biblioteca e alí...

Contáronnos primeiramente o conto.Como era en inglés,empregaron imaxes para apoiar a comprensión.


Despois cantáronnolo, e gustounos tanto que lle demos un forte aplauso.


PROXECTO : VOGAIS E ARTE

Ao longo do curso imos traballar as vogais asociadas coa Arte. Para iso solicitamos a colaboración das familias cunha nota informativa coma esta:

E xa chegaron as primeiras informacións.Parabens ás familias pola excelente colaboración ;)

Explicámoslle aos compañeiros que obra elixiramos,a que letra se parecía, e contámoslle algúns datos curiosos




mércores, 14 de xaneiro de 2015

TRIÁNGULO


 Comezamos a traballar unha nova figura xeométrica :o triángulo


  Fixemos xogos para distinguir triángulo de círculo
E aproveitamos que as figuras eran de cores para repasalas



 Contamos os lados do triángulo e collemos tres ceras para construir un


 Por último pintamos un triángulo con témpera sólida e recortamos