xoves, 30 de maio de 2013

LECTOESCRITURA :ÚLTIMAS GRAFÍAS

Xa só nos quedan por traballar as letras menos habituais: w,x,k
Nestes días empregamos a plasti e as letras móbiles para escribir

Tamén buscamos grafías como o ch ou o g nos libros

Escribimos no ordenador e tamén na pizarra
 



















Antes de pasar a integralas normalmente na escritura,facemos exercicios de grafomotricidade
 
O paso final é o de sempre,amosar na ficha que as interiorizamos
 

mércores, 29 de maio de 2013

AUTONOMÍA

Andamos a facer uns zapatos "xigantes" para aprender a atar os cordóns

Pintamos con témpera sólida

 
E recortamos coas tesoiras
Agora xa só queda plastificar,poñer un cordón, e comezar a practicar!

sábado, 25 de maio de 2013

VISITA DA GALIÑA AZUL

As compañeiras da Galiña Azul organizaron unha visita á biblioteca do cole para os cativos que teñen na aula de 2-3 anos.
Os nenos e nenas dos tres niveis de Infantil do cole presentámoslle traballos realizados sobre contos,para amosarlle algún dos xeitos que empregamos para contar unha historia.
Os maiores representamos novamente o teatrillo de títeres de carapuchiña vermella

O alumnado de 5º E.I. proxectou nunha pantalla a historia de cuadradito e contouna a partir das imaxes
Estivemos todos moi atentos!


Os pequenos do cole cantáronnos o conto do osiño polar .
Mentres a profe os colocou no escenario...
...Laura e a profe Marga repartiron os osiños que fixemos entre as tres clases, para que os da galiña azul levaran de recordo

Logo participamos todos na cantiga levantando o osiño dar cor indicada :)

A MEDIDA : CENTÍMETROS

Logo de traballar a medida en palmos e pés,pasamos aos centímetros.Sabiamos, dos xacintos que plantamos, que alcanzaban uns 25-30 cm de altura, así que hoxe tocou facer medicións. Iago foi o primeiro en coller a regra e buscar o número 25
 
Coa axuda de Alicia mediu o xacinto máis grande
 
Canto nos pasamos dos 25-30cm.,mide 44 cm !!!!
Agora son Diego e Lucía os que pasan a medir o xacinto mediano.De momento só medrou 12cm
Aldara e Laura,a pesares de medir o máis pequeno,empregan toda a súa concentración!! Este só medrou 8 cm.
Logo,coa axuda de Pablo, comparamos o mesmo en palmos e buscamos unha explicación para saber por qué 4.5 palmos (aproximadamente) equivalían a 44 cm 
 
 

martes, 21 de maio de 2013

VIDEO: ACTUACIÓN DOS PARRULIÑOS NO FESTIVAL

Este é o video que a mamá de Laura comparte con todos nós para que, aqueles que non puidestes asistir ao festival, poidades velo. Mil grazas, Ana, pola túa xenerosidade e celeridade na súa entrega ;)

venres, 17 de maio de 2013

VIDEO: ENSAIOS DO BAILE

Achégovos os ensaios que realizaron os parruliños ao longo da semana :)

Lamento non poder ofrecervos o video da actuación.Se algunha familia o grabou e me achega o video súboo á blogue,senón pídovos a roupa novamente, e facemos unha sesión de fotos e baile,desta volta,sen présas ;)

VIDEO: RESUMO DO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free slideshow generated with Smilebox

mércores, 15 de maio de 2013

VIDEO: DÍA DA FAMILIA

Quixemos aproveitar este 15 de maio,Día Internacional da Familia,para dicirvos algo...

 
Temos unhas familias estupendas  :)

martes, 14 de maio de 2013

LETRAS GALEGAS: ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Este ano adícase o día das Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño,e estamos aprendendo algunha cousa sobre quen foi
Hoxe tocou falar un pouco da súa vida e facer un marcapáxinas



Xa só falta recortar e plastificar,logo coller un bo libro,e a darlle uso ;)
 

domingo, 12 de maio de 2013

PRENSA DIXITAL/ PAPEL

O venres estivemos falando sobre as vantaxes e desvantaxes da prensa en distintos soportes,e escribímolo nunha ficha,pero antes
buscamos un xornal en soporte dixital e estivemos lendo noticias.

Tamén observamos que,ao igual que o xornal que se merca no kiosco,trae a sección do tempo.Isto deunos pé non só para falar das diferentes seccions dun xornal,senón tamén para ver a temperatura menor e maior en diferentes cidades

xoves, 9 de maio de 2013

DE QUÉ ESTAMOS A FALAR...

Cómo nos gustou o traballo de hoxe!!.Tiñamos que ler e adiviñar de qué se trataba.Logo había que atopar as palabras nunha sopa de letras.


Estes días tamén estamos traballando a separación de palabras,para aprender a escribir frases.Fixemos un exame de catro frases,e aquí nos tedes aos do 10 :)
 
Logo temos aos do 9.5 que levaron unha rabia que  para que!!  :)
 
O resto estivemos entre o ben e o notable

martes, 7 de maio de 2013

SAÍDA : REPRESENTACIÓN TEATRAL

Fomos ao Centro Social NGB a ver unha representación de títeres

Tivemos que facer unha desas colas enormes que saen pola TV
 
Aínda que avanzamos moi rápido,non agardamos tanto como pensabamos
 
Apagáronse as luces,e deu comezo a función :)
 

luns, 6 de maio de 2013

xoves, 2 de maio de 2013

A CAIXA DE MÚSICA

O vindeiro martes asistiremos en Pontevedra a unha representación de títeres titulada "A caixa de música".



Hoxe a profe ensinounos unha que lle prestou Marga. Logo de falar sobre o que pensábamos  que era unha caixa de música,abrímola e...mirade as nosas cariñas  ;)


Que ben sonaba!!Démoslle corda e escoitámola mentres Maite nos explicaba en que consistía a representación que iamos ver.

Tamén comezamos a realizar os preparativos para a actividade que imos facer o día das Letras Galegas,no festival do cole.Isto é todo o que vos imos ensinar ata ese día :)