xoves, 2 de maio de 2013

A CAIXA DE MÚSICA

O vindeiro martes asistiremos en Pontevedra a unha representación de títeres titulada "A caixa de música".



Hoxe a profe ensinounos unha que lle prestou Marga. Logo de falar sobre o que pensábamos  que era unha caixa de música,abrímola e...mirade as nosas cariñas  ;)


Que ben sonaba!!Démoslle corda e escoitámola mentres Maite nos explicaba en que consistía a representación que iamos ver.

Tamén comezamos a realizar os preparativos para a actividade que imos facer o día das Letras Galegas,no festival do cole.Isto é todo o que vos imos ensinar ata ese día :)







Ningún comentario: