sábado, 2 de febreiro de 2013

RETAIS DE PAZ

Boa parte dos traballos desta semana xiraron en torno á celebración do día da Paz.Sempre tentamos facer actividades que promovan o respeto e empatía cara os outros,pero nestas datas facemos maior fincapé.
Con Marga antes do Nadal traballamos sobre os dereitos dos nenos
E á volta do Nadal traballamos o cadro "niña con pichón" de Picasso,onde a partir da imaxe,inventamos entre todos este conto.
Tamén seguimos a compoñer o mural " todos somos iguales,pero está bien ser diferente" ,en colaboración coas clases de 4º-5º de Infantil .









Aprendemos unha poesía sobre a paz e,aproveitando que estamos a traballar o concepto de "cubo", ilustrámola nun dado.Logo recollemos a súa letra nun libro-paloma



O mércores celebrámolo cunha merenda especial,chocolate con rosca!!











Houbo tempo de repartir máis bicos e sorrisos que de costume


















Os xogos cooperativos tamén estiveron presentes neste xornada

E o 3º ciclo de E.Primaria convidounos a deixar a nosa pegada no seu mural















A música xa sabedes que non faltou nun día coma hoxe."Yo quiero tener un millón de amigos" foi entonada polo alumnado e profesorado do colexo de Tenorio


Para cando a profe saque un pouquiño de tempo,amosarémosvos unha curta que fixemos, baseada no video "paren el mundo", de Mafalda

Ningún comentario: