mércores, 6 de marzo de 2013

PLANTAMOS XACINTOS

Comezamos a mañá,logo de facer as rutinas,tentando saber o que eran os xacintos. O que máis se achegou á resposta correcta foi Ibai,que respostou que era "un campo de flores". A profe contounos que iamos plantar tres,e para iso preparou un powerpoint no que se recollía información relativa aos xacintos


Fomos lendo a información que poñía o powerpoint,e analizándoa:bulbo,25cm,procede de Oriente medio,características das follas,das flores,significado...















Con toda esta información subimos ao laboratorio e preparámonos para plantar :xardineiras recicladas,terra,vasiños de iogur,e auga


Aproveitamos para ver o que sementaran outros compañeiros,e observar como o fixeran,xa que outro día subiremos a facer un semilleiro de cenorias,leitugas,chícharos,cebolas...


Ningún comentario: